Transformación Dixital do T3rceiro Sector
Que é o Clúster de Recursos?
O Clúster de Recursos do Programa DigitalizaciONG é un espazo de traballo e de recursos do programa. Está orientado exclusivamente para o uso das entidades que participan nel. No Clúster de Recursos, atópanse as ferramentas necesarias para o desenvolvemento do programa en cada fase. Desde aquí as entidades poden acceder e descargar os materiais necesarios para o desenvolvemento da actividade. A difusión dos materiais non esta permitida sen o consentimento da Fundación Esplai, titular dos mesmos.
INFO| GUÍA DO PROGRAMA
Recurso 2. Formulario de rexistro de axentes de dixitalización interna
OBXECTO
O obxectivo desta ferramenta é identificar as persoas que acompañarán o proceso de cada entidade como ligazóns e grupo de traballo mentres dure o proceso.
PRAZO
O prazo para cumprimentar e identificar os “axentes de dixitalización” da entidade para este proceso será de 5 días desde que se recibiu a ligazón a este sitio de recursos en liña.
RESULTADO
Unha vez rexistradas as persoas que representarán á entidade desde o programa comunicaremos con elas para iniciar as actividades.
LIGAZÓN AO RECURSO
Fai clic sobre o botón baixo estas liñas para acceder ao formulario.
Recurso 3. Galería de sesións de orientación
OBXECTO
O obxectivo desta ferramenta é que dispoñades das sesións de orientación en vídeo.
PRAZO
Sempre os teredes dispoñibles para a súa visualización.
RESULTADO
Poderedes acceder á información de detalle orientadora sobre o programa e o seu funcionamento.
LIGAZÓN AO RECURSO
Fai clic sobre o botón baixo estas liñas para acceder á galería.
DigitalizaciONG
FASE 1. DIAGNÓSTICO DE MADUREZ DIXITAL
FASE 2. DESENVOLVEMENTO DO PLAN DE TRANSFORMACIÓN DIXITAL
Recurso 2. Técnica de análise de Fendas dixitais Internas
OBXECTO
Nesta segunda actividade da Fase 2 empregaremos unha técnica de análise e detección das BDI ou Fendas dixitais Internas. Mediante esta ferramenta, obteremos mediante análise pormenorizada as situacións de desigualdade interna no voso desenvolvemento dixital, estes supoñerán puntos quentes a ter en conta no noso PTD. Os puntos quentes da vosa situación en materia de transformación dixital permitiranos clarificar as prioridades do noso PTD.
PRAZO
O prazo para desenvolver esta actividade é inferior a un 1 día de traballo, e nun prazo estimado de dez días desde o inicio da Fase.
RESULTADO
Despois de traballar as BDI e analizar o seu efecto e orixe no seo do equipo de traballo da entidade, axentes de dixitalización interna obteremos datos moi valiosos das nosas prioridades en transformación dixital. Pero en concreto obteremos a nosa análise en PDF e os datos desenvolvidos para integralos no PTD.
LIGAZÓN AO RECURSO
Fai clic sobre o botón baixo estas liñas para acceder á ferramenta de análise de BDI. Lembra que para empezar a utilizar o material debes introducir o alias asignado á túa entidade por parte do equipo consultor do programa.
Recurso 3. Técnica de desenvolvemento da Visión Dixital na entidade
OBXECTO
Nesta terceira actividade da Fase 2 empregaremos unha técnica de creatividade para a formulación da nosa «VISIÓN DIXITAL» como nova ferramenta da nosa Cultura Organizativa. Mediante esta ferramenta, formularemos unha nova «VISIÓN» da entidade matizada coa perspectiva dixital.
PRAZO
O prazo para desenvolver esta actividade é inferior a un 1 día de traballo, e nun prazo estimado de dez días desde o inicio da Fase.
RESULTADO
Despois de traballar, como axentes de dixitalización interna na elaboración da VISIÓN DIXITAL obteremos unha perspectiva mais completa na definición e adaptación da nosa cultura organizativa cara á transformación dixital.
LIGAZÓN AO RECURSO
Fai clic sobre o botón baixo estas liñas para acceder á ferramenta de Visión Dixital. Lembra que para empezar a utilizar o material debes introducir o alias asignado á túa entidade por parte do equipo consultor do programa.
Recursos 4. Guía e modelos para a formulación do Plan de Transformación Dixital
OBXECTO
Nesta fase o noso obxectivo final é a formulación e desenvolvemento do Plan de Transformación Dixital, ferramenta estratéxica, co seu reflexo operativo no seu compoñente o Plan Operativo Dixital. Unha vez desenvolvemos as actividades deseñadas para obter a información específica que incluír no noso plan, abordaremos a súa formulación utilizando a Guía e os modelos que atoparedes nesta sección.
PRAZO
O prazo para desenvolver o Plan de Transformación Dixital de maneira completa é variable e esta suxeito á idiosincrasia propia de cada entidade pero o prazo ha de estar definido no marco do proxecto supoñendo un máximo de 20 días desde o comezo desta fase.
RESULTADO
Despois de traballar, como axentes de dixitalización interna na elaboración do Plan de Transformación Dixital, dispoñeredes dunha ferramenta estratéxica clave na vosa transformación dixital.
LIGAZÓN AO RECURSO
Facer clic sobre o botón baixo estas liñas para acceder á guía e os modelos. Lembrar que podedes personalizar os materiais sempre que respectedes a súa estrutura e disposición.
FASE 3. FORMACIÓN E CAPACITACIÓN
Recurso 2. Calendario de Formacións
OBXECTO
Poder consultar as datas das diferentes sesións da formación. Prestando atención ao grupo ao que pertences.
PRAZO
Podedes consultar o calendario en calquera momento non esta limitado o acceso nin o seu uso podendo estenderse durante todo o programa.
RESULTADO
O calendario esta deseñado para ser un apoio na visualización de grupos formativos e datas.
LIGAZÓN AO RECURSO
Fai clic sobre o botón baixo estas liñas para acceder ao Calendario.
Recurso 3. Guía Paso a Paso. Participación na formación
OBXECTO
Guía para axudar a conectarse ás formacións, a través da xeramenta Microsoft Teams. .
PRAZO
Podéis consultar a guía en calquera momento non esta limitado o acceso nin o seu uso podendo estenderse durante todo o programa.
RESULTADO
O guía esta deseñada para ser un apoio para acceder a Microsoft Teams, inclúe unhas normas de participación e teléfono de contacto para calquera incidencia.
LIGAZÓN AO RECURSO
Fai clic sobre o botón baixo estas liñas para acceder á guía.
Recurso 4. Galería de Vídeos
OBXECTO
O obxectivo desta ferramenta é que dispoñades das sesións de formación en vídeo e de materiais adicionais.
PRAZO
Sempre os teredes dispoñibles para a súa visualización.
RESULTADO
Poderedes acceder á visualización das sesións formativas.
LIGAZÓN AO RECURSO
Fai clic sobre o botón da sesión da que queiras ver o vídeo da formación.
Recurso 5. Outros Recursos
OBXECTO
O obxectivo desta ferramenta é que dispoñades de documentos adicionais -fichas formativas, presentación e manuais.
PRAZO
Sempre os teredes dispoñibles para a súa visualización.
RESULTADO
Poderedes acceder á visualización dos documentos.
LIGAZÓN AO RECURSO
Fai clic sobre a icona para acceder aos documentos da sesión de formación.